Arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. // Os casos activos descenden lixeiramente e acadan os 2.575, unha cifra similar á de finais de agosto. O número de hospitalizados continúa a baixa. Houbo 188 novos contaxios e comunicáronse cinco falecementos no último día. // Colectivos de toda Galicia sumanse ao chamamento mundial dos Venres por un Futuro, un movemento xuvenil que reclama accións urxentes fronte a emerxencia climática. // Unhas 14 mandas de lobos teñen o seu hábitat no terzo norte da provincia de Lugo. É a maior concentración da especie en España, segundo o seguemento da asociación Rebinxe. 19-03-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano