Seguen as vacinacións masivas cunha alta participación. Unhas 40.000 persoas maiores de 70 anos pasan hoxe polos centros das distintas áreas sanitarias. Segue tamén a subir a incidencia acumulada, que é de 90 casos por 100.000 habitantes. // A Audiencia da Coruña determina que os mobles e obxetos que hai no interior non deben quedar baixo o depósito do Estado. Acepta así o recurso da Familia Franco e determina que ten dereito a recibir unha indemnización. // Polémica pola intención da Xunta de adiantar a xuño os exames de recuperación que agora se fan en setembro na ESO, primeiro de bacherelato e FP. Apoiada polo profesorado, non convence aos pais dos alumnos. // Procedentes da comarca leonesa da Maragatería, asentáronse en distintas localidades galegas, nas que deixaron unha fonda pegada no comercio, durante xeracións. A historia das familias de comerciantes maragatos en Galicia e recuperada agora por unha asociación cultural. 20-04-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano