A Hostalaría, pendente da decisión que hoxe anunciará o Comité Clínico da Xunta, e que suporá un primeiro alivio nas restriccións, logo de case un mes de peche total. A Mellora da situación epidemiolóxica abre a posibilidade de levantar tamén os peches perimetrais en algúns concellos. // A administración da primeira dose da vacina aos maiores de 80 anos que non viven en residencias, comenzou hoxe en tódalas áreas sanitarias, a partir dos apelidos que comenzan por H. Son unhas 224.000 persoas que a consellería de Sanidade calcula que estarán completamente inmunizadas a principios de maio. //Os casos activos quedan en pouco máis de 8.000, logo de caer en medio milleiro no último día. A ocupación hospitalaria e das UCI sitúase nas cifras máis baixas dende hai un mes. // As axencias de viaxe dan por perdida a temporada de Semana Santa e contan con reanudar a actividade a partir de xuño. 22-02-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano