A vacina de AstraZeneca volve ser administrada a profesionais esenciais como Policías, bombeiros, persoal sociosanitario e das garderías. Entre os citados, incluirase a partir de agora aos que teñen ata 65 anos. // O Comité Clínico da Xunta decide manter as restricións vixentes durante a Semana Santa en toda Galicia, con algúns cambios a partir do venres: Os concellos ourensáns de Maside e Beade serán os únicos en nivel máximo. Sanxenxo e Baiona suben ao nivel alto. // Conductores afectados polas peaxes durante as obras da Ponte de Rande comparecen na vista de apelación da sentenza contra Audasa. // Abre as suas portas o MOV, o primeiro museo que se crea en España en formato cen por cen dixital. Un espazo de 3.000 metros cadrados, a disposición de artistas e productores de contidos impulsado pola Fundación María José Jove. 24-03-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano