Os transportistas enchen as rúas de Lugo, esta vez, nunha marcha a pé, apoiados por gandeiros e produtores de carne, e provistos de chalecos...
24/03/2022 00:20:01Os transportistas enchen as rúas de Lugo, esta vez, nunha marcha a pé, apoiados por gandeiros e produtores de carne, e provistos de chalecos amarelos. // Gran parte da frota pesqueira mantense á espera nos portos, pese ao acordo de volver faenar hoxe, despois de tres días de amarre que manteñen os mercados baixo mínimos. As confrarías desconvocaron a folga partir da promesa do goberno de aprobar medidas para compensar a suba de prezo do gasóleo. // Decepción dos familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo, ao recibir a confirmación de que o goberno desbota calquera posibilidade de rescatar os corpos. // Unha empregada do fogar de Vigo, primeira en ver recoñecido por sentenza xudicial o seu dereito a cobrar a prestación por desemprego. A decisión baséase na doutrina do tribunal de Xustiza da Unión Europea. 24-03-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano