Rúas sen terrazas e peche total de actividades de lecer, mentres conservatorios e Escolas de Idiomas impoñen o ensino telemático. É o efecto das novas restricións que dende hoxe pretenden limitar ao máximo o contacto social. // Os pacientes ingresados por Covid soben hoxe a 1.271, dos que 178 están nas UCI. A cifra iguala á máis alta rexistrada ata agora nos hospitais galegos na primeira vaga da pandemia.. // O presidente da Xunta propón ao goberno central regular a obligatoriedade das máscaras FFP2. Fejóo reclama tamén un acceso á vacina proporcional á poboación de risco. // Os conductores da Coruña pasan algo máis de dous días ao ano retidos en atascos, según estudo que sitúa á cidade como a oitava de España con máis dificultades de circulación. O tráfico descendeu un 25 por cento ao longo do ano 2020. 27-01-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano