O sector do Transporte reclama axudas directas para evitar ter que traballar a perdas ante a escalada de prezos dos combustibles. A frota pesqueira...
27/06/2022 00:19:39O sector do Transporte reclama axudas directas para evitar ter que traballar a perdas ante a escalada de prezos dos combustibles. A frota pesqueira considera tamén insuficiente a bonificación aprobada en marzo e advirte da posibilidade de ter que parar. // O novo hospital de Montecelo, en Pontevedra, estará rematado a comezos de 2024, tal como anunciou o Presidente da Xunta nunha visita ás obras. Contará con 720 camas, previsto para dar cobertura a unha poboación de 300.000 persoas. // Os colectivos LGTBI de Galicia valoran positivamente a resolución do xuiz de Ourense que concede o cambio de sexo a un neno de 8 anos. No día en que o goberno aproba a lei trans, reclaman xeralizar a linguaxe inclusiva e non branquear o que consideran discursos de odio da extrema dereita. 27-06-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano