Aumentan a 12 os concellos en nivel máximo de restricións, coa incorporación de Viveiro, Burela e Foz, na Mariña de Lugo, ademáis de Monterroso,...
28/07/2021 00:10:04Aumentan a 12 os concellos en nivel máximo de restricións, coa incorporación de Viveiro, Burela e Foz, na Mariña de Lugo, ademáis de Monterroso, Muros e Baiona. As sete cidades están xa no nivel alto. O Comité Clínico advirte de que, pese ao avance da vacinación, a inmunidade de grupo queda máis lonxe do que se pensaba. // Os novos contaxios frean un pouco o seu aumento no último día pero ainda superan os mil, e os casos activos ascenden a 18.535. A presión hospitalaria descende lixeiramente, con 264 pacientes hospitalizados, dous menos que onte. // O Goberno Central retira o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Saúde de Galicia. A decisión chega tras unha negociación coa Xunta. // O número de peregrinos segue en aumento e xa chega aos 50 mil. A Xunta insiste na seguridade que ofrece o camiño, pese aos dous brotes rexistrados ata o momento no que vai de verán na ruta francesa. 28-07-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano