A suba de prezos fai saltar as alarmas, cun aumento do IPC de tres puntos no mes de marzo, e de case dez respecto a hai un ano. É o maior...
30/03/2022 00:20:02A suba de prezos fai saltar as alarmas, cun aumento do IPC de tres puntos no mes de marzo, e de case dez respecto a hai un ano. É o maior incremento rexistrado pola inflación dende 1985, estimulado pola electricidade, o combustible e os alimentos. // Os barcos beneficiaranse da rebaixa de 20 céntimos por litro nos carburantes, como o resto dos usuarios, e ademais contarán con axudas directas, ata un máximo de 35.000 euros por embarcación. // O Centro singular de Investigación Química da Universidade de Santiago cumpre dez anos co descubrimento dun novo método para introducir fármacos no interior das células que xa demostrou utilidade para destruir tumores // A selección converte de novo, nunha festa, a sua visita á Coruña, cun 5 a 0 contra Islandia. Cerca de 30.000 afeccionados puideron desfrutar en Riazor dos goles de Yéremy e de Morata e Sarabia, por partida doble. 30-03-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano