Unha masa de aire cálido e seco trae temperaturas inusuais para a época: máximas de ata 30 graos no sur, en Pontevedra e en Ourense, e de 28 Na Coruña e Lugo. A previsión, en cambio, muda bastante para os próximos días, coa posibilidade de chuvascos. // Nas zonas máis turísticas intensifícanse os controis de mobilidade. Nun deles, en Cambados, foi identificado e proposto para sanción o dirixente opositor venezolano Leopoldo López. // Lixeiro incremento dos casos activos no último día. Suben a 168 os novos contaxios e tamén hai 4 ingresados máis nas UCI. En cambio, descenden os hospitalizados en planta, e contabilízanse seis falecementos máis. // O Parque das Illas Atlánticas rexistra máis de 3.000 reservas, na volta da temporada de visitas. As Cies e Ons, unha alternativa de contacto coa natureza dentro de Galicia, con transporte regular ata o domingo. 31-03-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano