A Xunta e Tráfico repartirán este ano dous mil chalecos reflectantes, dentro dunha campaña para previr os atropelos de peóns, nun intento de concienciar a viandantes e condutores para previr este tipo de sinistros que xa levan causado cinco mortes, nas estradas galegas, no que vai de ano // A fiscalía revisará os casos dos 237 conductores maiores aos que tráfico obrigou a facer recoñecementos médicos extraordinarios despois de interceptalos conducindo en dirección contraria por autovías // O hospital Materno Infantil da Coruña estreará en abril unha terapia con cans para acompañar a nenos con autismo e dano cerebral. Estarán con eles na sala de espera do hospital mentres agardan consulta na unidade de rehabilitación infantil e atención temperá. 24/02/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano