Inditex, o xigante da moda e a distribución con sede en Arteixo, segue medrando. O ano pasado superou os 20 mil millóns de euros en vendas en todo o mundo e incrementounas un 15%, respecto ao exercicio anterior. Para o ano que bén pensa en seguir medrando e entrar en mercados nos que aínda non está coma Vietnam, Nova Zelanda ou Nicaragua // O constructor que fixo a reforma do piso do secretario xeral dos socialistas galegos négase a declarar ante a xuíza Pilar de Lara que instrúe o caso Garañón. A maxistrada tamén citou hoxe como investigado o promotor inmobiliario José Antonio Díaz que negou que tivese cometido irregularidades na venda da parcela do Garañón a outro constructor // Axentes da Unidade de delincuencia económica e fiscal da policía requeriron hoxe, no Concello da Coruña, documentaciòn relativa a contratos realizados na área de cultura polo anterior goberno municipal, do Partido Popular. 09/03/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano