As intensas choivas das últimas horas na provincia da Coruña provocaron un regueiro de incidencias. En Sada algúns veciños tiveron que ser evacuados das súas casas en lanchas neumaticas pola garda civil. Cortes de estradas e locais anegados tamén noutras localidades como Cambre, Culleredo e Carballo // Os forenses están hoxe investigando se o cadáver atopado onte á tarde no río Sar, en Santiago, é o do mozo de Ferrol, Brais Bogo, desaparecido desde antes da Semana Santa. De momento non puido ser identificado, pero hai indicios de que poida ser el, e a policía xa avisou á súa familia // Tres dos vinte radares que máis multan de España están en estradas galegas. Dous deles na autovía entre Vigo e o Porriño. Entre os dous superan as 70 mil infraccións no último ano. 30/03/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano