Seguen os traballos de limpeza para arranxar os danos que as riadas provocaron en varias localidades coruñesas. En Sada un cento de veciños continúan desaloxados das súas vivendas. A maioría están agora desprazados en casas de familiares // O Presidente da Xunta destaca o feito de que Galicia sexa unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público. Sinalou tamén que ese control o levou a cabo o goberno galego sen diminuir o investimento por habitante nin aplicar máis recortes que outras administracións // Ainda quedan entradas para o derbi galego entre Celta e DEportivo que se vai disputar mañá a partires das dez da noite en Balaídos. No Celta poderán contar con Iago Aspas despois de recibir a alta e no Deportivo segue a ser dubida Sidnei no centro da zaga e Borges en ataque. 01/04/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano