O que fora subdirector da oficina principal de Novacaixagalicia en Santiago recoñeceu hoxe, nun xuízo, que se aproveitou do seu posto para apropiarse de 5 millóns 600 mil euros dos seus clientes, durante os últimos seis anos que traballou, antes de xubilarse en 2011 // Xaquín Fernández Leiceaga atribúe a súa victoria nas primarias socialistas para a elección de candidato á Xunta a que os militantes conectaron coa súa oferta de renovación. Impúxose por perto de 700 votos ao seu contrincante, Méndez Romeu ao que superou, principalmente nas provincias da Coruña e Lugo // Mergulladores da Armada española e de outros organismos portugeses revisan a área do río na que atoparon as chaves e o trombón do músico desaparecido entre Salvaterra e Monçao. David Fernández de 37 años, natural de Salceda e veciño de Salvaterra desapareceu o sábado tras actuar co seu grupo na localidade de Lapela, en Portugal. 30/05/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano