Pasou a disposición xudicial en Vigo o home de nacionalidade ucraína detido pola morte do seu compatriota no domicilio que compartían na localidade pontevedresa de Nigrán. O suceso produciuse despois dunha forte discusión na vivenda que se inciou despois de que a vítima chegara bébedo á casa // Seguen as probas toxicolóxicas para aclarar as circunstancias da morte da xove estudante universitaria residente en Santiago, da que o cadáver apareceu nun monte próximo á cidade e á súa casa. A policía descarta totalmente que se trate dun crime e agora trata de aclarar como puido aparecer, espida e, posiblemente, morta a causa do frío // O fiscal superior de Galicia cre que podería haber novos acusados no caso do accidente do tren alvia en Santiago. O representante da fiscalía di que a reapertura do proceso, por orde da Audiencia Provincial, podería facer variar o número de encausados, dependendo da análise das probas periciais. 13/06/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano