Un exmembro da Orde dos miguelianos que denunciou a Miguel Rosendo un mes antes da sua detención prestou declaración coma testemuña no xulgado de Tui que instrúe o caso. No seu momento dixéralle á Garda Civil que vira frascos con fetos e un video no que o lider mantiña relacións sexuais cunha das consagradas // En Lugo denegan a liberdade do senegalés acusado do asasinato da moza Tatiana Vázquez, de 24 anos. A Audiencia Provincial mantén a prisión provisional para Ibrahima Ndiaye porque entende que a súa posta en liberdade podería obstaculizar a investigación e porque existe risco de fuga // Aos aeroportos da Coruña e Santiago chegaron hoxe 174 emigrantes galegos grazas o programa Reencontros da Xunta. Veñen de Arxentina, Uruguay e Brasil. 15/06/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano