O Consello da Xunta acordou, na súa reunión de hoxe, destinar 60 millons de euros a captar investimentos en I+D. Buscan atraer investimentos de empresas de enerxia, tecnoloxicas e de innovacion. Ademais, o goberno destinará 33 millons de euros para concellos e ministerio de defensa para a loita contra os incendios // Un xuiz admite que lle provocan vergoña os máis dun millón 200 mil euros que pagou a deputación da Coruña en pluses a persoas do servizo de recadación de impostos. Dío nunha sentenza na que lle denega a un dos traballadores dese departamenteo un complemento de productividade que reclamou por considerar inxusto o reparto deses pluses // A ACB confirma que o Club Ourense Baloncesto, o COB, non competirá a vindeira temporada na máxima categoría do baloncesto español. O equipo non conseguiu reunir os case tres millóns de euros que necesitaba para participar na liga Endesa e que debía depositar antes da pasada medianoite. 16/06/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano