Luis Villares presentou publicamente a súa candidatura para as primarias de En Marea. Villares de 37 anos, lucense e xuíz de profesión, renunciou ao seu posto de maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza, antes de presentar a candidatura // Núñez Feijóo pediulles ao resto das formacions políticas menos mirar para o seu embigo e menos críticas ao Goberno da Xunta e máis mirar por Galicia. Tamén animou ao Partido Popular a buscar unha maioría estable para evitar que en Galicia se reproduzan o que calificou de irresponsabilidade política e infantilismo que se están a vivir, dixo, na política española e nas negociacións para formar goberno // Unha páxina web acollerá todas as fotos de paisaxes galegas que se lle queiran enviar. E unha aplicación dentro da páxina do Instituto de Estudios do Territorio e empeza a funcionar hoxe, posta en marcha pola Xunta e quere ser un instrumento para coñecer, divulgar e protexer mellor as nosas paisaxes. 05/08/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano