Os incendios forestais seguen a afectar a zonas poboadas, sobre todo na provincia de Pontevedra onde, a pasada noite, volveu ser de loita contra as lapas. Nesta ocasión no límite entre os concellos de Soutomaior e Redondela. En Ventosela, en Redondela, houbo que desaloxar a 20 nenos que estaban nun centro de Aldeas Infantiles, foron evacuados e pasaron a noite na Base da Brilat, no cuartel de Figueirido // Controlado o lume que lle afectara ao concello pontevedrés de Cotobade e que obrigara a decretar a situación 2, pola súa proximidade ás casas. Os equipos loitan agora para extinguilo, despois de que leve queimadas 365 hectáreas // Non lonxe do foco do incendio de Soutomaior, os veciños atoparon feixe de polas e follas secas colocadas sobre un palé de madeira que identificaron inmediatamente coma un artefacto preparado para prender lume. O dispositivo tiña unha lata no medio e cóidase que, de ter prendido lume, provocaría un importante incendio. 10/08/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano