Segue a loita contra os incendios. Os tres máis importantes que seguen sen control levan queimadas máis de 3 mil hectáreas, nos últimos días, pese aos esforzos dos equipos de extinción. Incluídos os militares e os medios aéros enviados, de reforzo, polo Ministerio para apoiar os locais e os da comunidade autónoma. A Garda Civil detivo a unha muller do concello coruñés de Cerceda á que lle imputan ser a autora de 15 incendios forestais. E a Xunta axilizará os pagos aos afectados // E O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo dixo que a xunta porá en marcha, este mesmo mes, os créditos e procedementos necesarios para indemnizar ás persoas que sofriran danos por mor dos incendios destes días // Podemos e En Marea acudirán previsiblemente por separado ás eleccións autonómicas do 25 de setembro. Luis Villares, o candidato as primarias de En Marea á presidencia da Xunta confirmou nun tuit que as negociacións con Podemos foron cordiais pero que non houbo acordo. 12/08/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano