As listas electorais do Partido Popular inclúen a todos os conselleiros en postos que, a priori, teñen garantida a elección coma membros da futura cámara autonómica. Unhas listas que foron aprobadas hoxe polo Comité Electoral e nas que tamén figura en postos altos o secretario xeral, Miguel Tellado, o portavoz parlamentario, Pedro Puy, e as senadoras Paula Prado e Sandra Vázquez // O candidado socialista Fernández Leiceaga, calificou de renovadoras as listas electorais da súa formación, aprobadas pola Dirección Federal e que inclúen en postos altos a aspirantes coma a exportavoz parlamentaria, Patricia Vilán e o membro do sector crítico en Vigo, Gonzalo Caballero, que non figuraban nas listas enviadas dende a provincia pero considerados da confianza do candidato e da xestora galega // Nas próximas horas darase a coñecer o resultado das primarias realizadas por Podemos e En Marea para elexir aos membros da listas electorais desta coalición. 18/08/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano