A semana empeza con moita calor. Os termómetros superan os 35 graos, na metade sur, e mesmo hai zonas onde se decretou a alerta amarela por esas altas temperaturas que, na provincia de Pontevedra andan entre os 36 e os 39 graos e, na de Ourense rozan os 37 // O Presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo defendeu, no acto de presentaciòn pública das listas electorais da formación a súa oferta de estabilidade fronte aos que, dixo, só ofrecen botalo a el do executivo // A dirección provincial do PSOE en Pontevedra e Ourense recorren á dirección federal do partido ás listas electorais destas provincias na que finalmente se incluiron os cambios defendidos pola xestora e o candidato á presidencia da Xunta, Fernández Leiceaga. 22/08/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano