Un comentario emitido polo representante de En Marea no Congreso dos deputados por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, no que lle chamaba ignorante ao pobo galego por terlle outorgado a maioría absoluta ao PP, causou un gran rebumbio nas redes sociais, e obrigou ao deputado a pedir disculpas. A portavoz de en Marea deu hoxe o asunto por rematado // A xuiza que instrue a causa do accidente de tren do Porriño, no que morreron catro persoas, autorizou o traslado dos coches a unhas instalacións de Renfe, coa advertencia de que non poderán ser reparados ata que rematen as análises dos peritos // Comezaron os traballos para recuperar os montes queimados durante o verán. Concéntranse en evitar que os terreos se degraden, coa chegada das choivas. 28/09/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano