A vacina contra a gripe comezará a administrarse a partir do próximo 24 de outubro e ata o 23 de decembro en 900 centros sanitarios galegos. Unha campaña para que hai dispoñibles máis de medio millón de doses coas que se quere inmunizar ao 65% da poboación de risco // Os datos estatísticos que se acaban de coñecer, correspondentes a agosto, confirman que 2016 vai ser un ano récord para o sector turístico. Por exemplo os campings galegos aumentaron a súa ocupación mais do 28 por cento respecto ao ano pasado // A vendima que se está a realizar nas denominacións de orixe galegas está demostrando que a primavera chuviosa e o verán seco influirán na cantidade e na calidade da colleita. Unha colleita que se agarda de boa pero con menos toneladas que en anos anteriores. 30/09/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano