Segundo día de declaración do principal acusado da trama Gürtel, Francisco Correa, explicando os pagamentos que facía persoalmente ou delegando no seu número dous, o exsecretario de organización do PP galego, Pablo Crespo // O Banco Popular-Pastor negocia as condicións dos despedimentos. Podería prescindir de 435 empregados en Galicia // Condenada unha muller de 65 anos por terlle feito 2.300 chamadas telefónicas durante un ano ao noivo da súa filla pedíndolle manter relacións // Detido un veciño do Grove, en Cádiz, conducindo un camión con 52.000 paquetes de tabaco de contrabando agochado nun dobre teito e laterais falsos // O Deportivo viaxa a Barcelona coa difícil misión de puntuar mañá no Camp Nou. O Celta faino a Castellón buscando o domingo a súa cuarta vitoria consecutiva, contra o Vilarreal. 14/10/16
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano