O Parlamento galego aproba un aumento do teito do gasto da comunidade autónoma do dous coma nove por cento. Así os orzamentos da Xunta para o 2.017 chegarán aos 9.063 millóns de euros. Un incremento que o conselleiro de Facenda apón ao cumplimento do déficit é a previsión de mellora da economía. Argumentos rexeitados polos grupos da oposición que votaron en contra // Mellora a cifra de negocio do sector servizos que aumentou a súa facturación un 9,2% en Galicia en setembro. Máis ingresos que se traduciron nun aumento do emprego no sector nun 2,2% segundo os datos que hoxe publica o INE // Na Catedral de Santiago, 75 músicos baixo a dirección de Carlos Núñez renden homenaxe sonoro ao Pórtico da Gloria, tocando xuntos, por primeira vez, réplicas en madeira dos instrumentos representados na obra do Mestre Mateo. 23/11/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano