O Consello da Xunta autorizou o maior anticipo de pagamentos da politica agraria comun (a PAC) por importe de 102 millons de euros que beneficiarán a 26.000 gandeiros // Tamen autorizou os plans de 24 grupos de desenvolvemento rural, que, en conxunto, recibirán 84 millons dos fondos europeos Leader // O producto interior bruto de Galicia medrou nove décimas no terceiro trimestre, dúas décimas máis ca media de España. No último ano a riqueza do país aumentou nun 3´3 por cento respecto ao mesmo período de 2015 // Detida en Ourense unha presunta terrorista colombiana. Foi arrestada pola policía española cando saía da súa casa. Levaba 10 anos vivindo en Ourense e tiña pendente unha orde de extradición por participar en tres atentados con coches bomba no seu país. 24/11/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano