Multitude de actos en toda Galicia para lembrar o día mundial contra a violencia machista. Os especialistas destacan o importante que é a educación para evitala. En Galicia 300 adolescentes cursan unha asignatura de libre configuración, incluída no plan de ensino secundario // Tráfico e a Xunta van facer unha nova campaña informativa para evitar os accidentes dos tractores que xa levan causado 11 mortes na nosa comunidade, no que vai de ano // Lembrarán a importancia de que os vehículos pasen as revisións técnicas e de ter ao día o permiso de conducir // Hoxe xa só hai risco de nevadas nos picos máis altos da provincia de Ourense // En Lugo formou pracas de xeo coas baixas temperaturas da noite e 148 nenos non puideron chegar aos colexios, nos Ancares e na Fonsagrada. 25/11/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano