O primeiro gran petroleiro que pide axuda por unha avaría fronte á costa galega nos últimos anos xa está abrigado no Porto Exterior da Coruña. Con 150 mil toneladas de fuel a bordo, o MAX YACOB, un petroleiro con bandeira de Liberia de 270 metros de eslora e gran calado, chegou cunha avaría na máquina.
O pleno do concello de Pontevedra acaba de aprobar os orzamentos despois dunha tensa sesión. A abstención de dous concelleiros da Marea permitiu que sairan adiante as contas presentadas polo alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores.
As horas preevias aos banquetes do nadal rexistran notables aumentos nos prezos dos productos máis demandados. . Coma as nécoras ou cigalas que viamos está mañá a 45 euros ou ameixas a 30. Entre os que duplicaron o seu valor o camarón que agora xa supera os 140 euros. (23/12/16)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano