Ence cifra en 185 millóns de euros o impacto que lle suporía o "improbable" cese da súa actividade na ría de Pontevedra // Anova anuncia que non se vai presentar ás eleccións xerais, ao non fructificar as súas negociacións con Podemos e Esquerda Unida // A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e ADEGA denuncian ante a fiscalía á empresa propietaria da mina de Touro e á administración galega // Estudantes de todo o mundo están hoxe en folga contra o cambio climático e cidades e vilas galegas acolleron manifestacións // Os produtores de planta ornamental do Baixo Miño presentan os seus novos cultivos nunha mostra esta fin de semana // O Celta, en postos de descenso, enfróntase mañá no Bernabeu ao Real Madrid // Chega á Coruña a compañía de Blanca Marsillach co seu proxecto de teatro inclusivo. 15/03/19
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano