José Enrique Abuín nega no xuízo o intento de rapto dunha moza de Boiro que propiciou a súa detención e esclarecemento do asasinato de Diana Quer // Pasa a disposición xudicial en Málaga a filla da muller atopada morta na Coruña cando ían desafiuzala // Novos carteis avisan do risco que supón achegarse aos cantís e covas da praia das Catedrais, en Ribadeo, onde hai un ano morría unha turista // O presidente da Xunta dixo hoxe que as propostas de VOX son unha ameaza para a autonomía de Galicia, e comparouna cos grupos separatistas // Cúmprense 40 anos do accidente de autobús máis grave da nosa historia, no que morreron 45 nenos e tres profesores do Colexio Vista Alegre de Vigo // O Centro Dramático Galego estrea mañá en Santiago a súa nova obra, "Neorretranca e Posmorriña". 10/04/19
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano