Detido por un presunto caso de violencia machista o profesor da Universidade de Santiago que defendeu á "Manada" // Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Camariñas, na Costa da Morte, que deixa doce afectados // A Federación Galega de Transportistas crea unha plataforma para reclamar a devolución das peaxes da AP-9 durante as obras da ponte de Rande // Abanca inaugura a súa nova oficina principal e sede corporativa na Coruña, prevista das últimas tecnoloxías, máis aberta e sostible // A Universidade de Vigo e a Axencia Galega de Emerxencias proban con éxito un sistema de predicción e mapeado de incendios forestais // Máis de corenta centros de Galicia e doutras tres rexións españolas participan na Galiciencia, a feira científica que busca espertar o interese dos escolares pola investigación. 08/05/19
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano