150 camións que transportan carbón para a central térmica de Endesa, nas Pontes, contra a paralización dese transporte, polas políticas que limitan a queima dese mineral. Dan a volta a Galicia e mañá irán cara Madrid // Os ministros de Interior de España e Portugal reuníronse en Valença do Minho para falar de cooperación policial transfronteiriza // Núñez Feijóo anuncia que o novo plan hospitalización a domicilio vai ampliar ese servizo ao 100% da poboación e todo o ano // Primeiro pleno no Concello da Coruña, coa aprobación dos dous puntos sometidos a votación. Un deles, o aumento do soldo da alcaldesa, a socialista Inés Rey, que cobrará 30.000 euros máis que o anterior, Xulio Ferreiro // Xulgan un home do Carballiño acusado de esganar á muller porque non o deixaba sair da casa. O fiscal pide internalo nun psiquiátrico // Primeiro adestramento do Celta de pretemporada, con só dúas incorporacións: Denis Suárez e o uruguaio Gabriel Fernández. 08/07/19
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano