Fomento contrata sete prototipos para tratar de solucionar os repetidos problemas de tráfico que a néboa causa na autovia A8, en Mondoñedo, no alto do Fiouco // O Consello da Xunta aproba destinar 20 millóns de euros para potenciar proxectos de I+D nos Centros de Investigación das Universidades galegas // A viaxe en tren entre Galicia e Madrid verase reducida en 50 minutos nos próximos meses, cando entre en servizo o treito do AVE que une Zamora capital coa provincia de Ourense // Notifican aos propietarios de 30.000 parcelas sen limpar, situadas en aldeas de 35 concellos nas que tódolos veráns se rexistran incendios forestais // Empates do Deportivo e do Lugo na casa, despois de ir gañando case todo o partido // O outono que comeza o próximo luns, ás dez menos dez da mañá, será máis cálido do habitual en Galicia e con precipitacións normais. 19/09/19
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano