Galicia queda sen ningún paciente ingresado na UCI pola COVID-19 e o número de casos activos baixa dos 500. O presidente da Xunta anuncia que ante os datos positivos da evolución dos contaxios, estuda deixar sen efecto o Estado de Alarma na comunidade a partir do próximo luns // O grupo Inditex perdeu 409 millóns no primeiro trimestre do ano. As vendas caeron un 44 por cento, debido ao peche dos establecementos polo estado de Alarma, pese a un aumento do 95 por cento do comercio en liña // Malestar dos traballadores de Alcoa tras confirmar os representantes da empresa a sua intención de pechar a planta de aluminio e descartar a venda a outro grupo interesado. Xunta e Goberno central cruzan acusacións sobre a responsabilidade da crise que ameaza á comarca da Mariña. 10/06/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano