Traballadores de Alcoa bloquean con barricadas a A-8 a altura de Vilalba. Protestan contra a intención da empresa de presentar o próximo mércores o expediente para despedir a 534 empregados da planta de Aluminio de San Cibrao. Instan ao goberno a garantir un prezo competitivo da enerxía para facer viable a continuidade // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza de prisión permanente revisable contra José Enrique Abuín, "O Chicle", polo asasinato e agresión sexual cometidos contra Diana Quer // O verán que empeza mañá será máis seco do habitual, según a previsión da AEMET, que prevé aumento de temperaturas a partir do luns. A primavera que remata sitúase como a cuarta máis cálida dos últimos 50 anos // Os responsables das medidas de distanciamento e seguridade nas praias ultiman os preparativos para acoller turistas, que a partir do domingo poderán vir de fóra de Galicia, unha vez levantado o estado de alarma no resto de España. 19/06/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano