A circulación de entrada a Galicia redúcese un 30 por cento respecto a hai un ano, no primeiro día laborable tralo levantamento do Estado de Alarma en toda España, que permite a liberdade de desprazamento entre as comunidades. Despois de tres meses sen apenas actividade, chegan a Lavacolla os primeiros viaxeiros de voos regulares dende Madrid e Málaga // O Sergas investiga o rebrote de casos de COVID-19 detectado no Barbanza, que considera baixo control, con nove pacientes positivos que se manteñen en illamento domiciliario, sen necesidade de hospitalización. Sospeita que o foco foi orixinado a partir dun veciño que regresou dunha visita familiar a Brasil // O Celta distánciase dos postos de grazas á vitoria ante o Alavés por 6-0 no que se estreou Nolito. O Depor empatando co Rayo sae de postos de descenso e cae o Lugo tras perder en las Palmas. 22/06/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano