Os medios de extinción loitan por controlar o incendio de Lobios, no parque do Xurés, o máis importante que queda activo na provincia de Ourense, tras unha fin de semana na que arderon preto de 1.000 hectáreas. Detidas duas persoas acusadas de provocar lumes, grazas á colaboración cidadá // Os casos activos en Galicia aumentan en 79 nas últimas 24 horas. O total é de 670, máis da metade corresponde a Area Sanitaria da Coruña, onde se manteñen medidas de restrición para frear o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Hai dous pacientes en UCI e 25 hospitalizados // Martín Berasategui, Jordi Cruz, Juan Mari Arzak, os irmáns Torres e outros cociñeiros de elite que suman más de trinta Estrelas Michelín acoden á cita anual, no Camiño de Santiago, para un evento gastronómico solidario e para promocionar o Xacobeo 2021. 10/08/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano