A Xunta decide manter durante sete días máis as restriccións na Area Sanitaria da Coruña e Denuncia unha relaxación nos controis policias para o cumplimento das medidas. Os expertos consideran que Galicia está xa ante unha nova vaga da epidemia e reclaman para combatila probas de pcr masivas e mais equipos para o rastrexo de contaxios // Aumento é de 87 casos no último día. A incidencia sobe en todalas areas sanitarias agás a de Pontevedra. Os falecidos suman 622 trala morte dunha muller de 89 anos na Coruña. Os pacientes ingresados son xa 36, dos que so unha está na Uci // Máis auga nun día que nos últimos tres meses xuntos. A chuvia chega a toda a toda comunidade con máis de 60 litros por metro cadrado en moitos puntos da metade norte, e ronda os 90 en Bergondo. As precipitacións irán diminuindo nas próximas horas. 12/08/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano