Obras urxentes para agrandar espazos, colocar mamparas e intentar adaptar os edificios ao protocolo de seguridade. É o que ocorre en boa parte dos institutos de secundaria e FP para chegar en condicións ao comezo do curso. Os profesores esperan coñecer hoxe a listaxe definitiva de prazas. // Unha investigación da Universidade de Santiago revela cómo foi a chegada do coronavirus a España. Vitoria, no País Vasco, foi a porta de entrada, a principios do mes de febreiro, e a partir de Marzo expandíuse dende Madrid ao resto de comunidades. //Salvar as pallozas do Piornedo, deterioradas logo de cinco anos sen mantemento. E o que se propón unha asociación veciñal que ten recadado fondos a través de internet para sementar e colleitar o centeo necesario para reteitar as cubertas de palla. 18/09/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano