Un outono máis cálido e seco do habitual. É a predicción que acaba de facer a Axencia Estal de Meteoroloxía para a estación que empeza a próxima semana, logo dun veran que se converte no segundo coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros, só por detrás do de 2013. De momento, esta tarde segue activada a alerta por treboadas na metade norte. // Os casos activos de Covid-19 ascenden a 4.317, COLAS logo de rexistrase 248 novos contaxios nas últimas horas. Os pacientes ingresados en UCI aumentan a 32, e os demáis hospitalizados son 241. En canto aos falecementos rexistráronse catro máis nas últimas horas, e o total de vítimas suma xa 705 // Unha investigación da Universidade de Santiago revela cómo foi a chegada do coronavirus a España, a partir de datos xenéticos. Vitoria, no País Vasco, foi a porta de entrada, a principios de febreiro, e en Marzo expandíuse dende Madrid ao resto de comunidades. 18/09/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano