As clases volven, de forma gradual, para os alumnos da Eso, Bachalerato e Formación profesional. Hoxe estreaban o novo protocolo de medidas as que terán que adaptarse a partir de agora para evitar contaxios. //O presidente da Xunta anuncia no Parlamento un Plan de Continxencia para garantir o ensino non presencial, con Máis ordenadores, máis persoal e máis medios. Socialistas e nacionalistas acúsano de improvisación na xestión do comenzo do curso escolar. //Os empresarios do Lecer Nocturno movilízanse para advertir da situación crítica na que se atopa o sector, sen apenas actividade no último medio ano. Reclaman un plan de rescate e poder ampliar os ERTE.// A Dirección Xeral de Mariña Mercante prohibe a navegación de veleiros de ata quince metros de eslora entre Cabo Prioriño e Estaca de Bares. A medida pretende evitar novos encontros coas candorcas que durante as últimas semanas teñen protagonizado incidentes con danos nesas embarcacións. 23/09/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano