Os traballadores de Alcoa e os gobernos central e autonómico coiciden en acusar de mala fe a multinacional norteamericana, por negarse a vender a planta de aluminio de San Cibrao. A dirección da empresa cita nun pazo de Nigrán ao comité para negociar o ERE //Galicia baixa dos 150 novos contaxios diarios, por primeira vez dende que comenzou a segunda vaga, a mediados de agosto. Os casos activos suman 4.353. Os pacientes hospitalizados aumentan en 12 e hai que contar dous facelementos no último día // Sanidade reforza con 200.000 doses máis o dispositivo para a campaña de vacinación da gripe deste ano. Confía en que a incidencia sexa menor, grazas ás medidas de distanciamento pero intensifica o chamamento aos grupos de risco, especialmente maiores usuarios de residencias // As ocupacións de vivendas en Galicia ascenden a 108 no últmo ano, unha cifra que, para a delegación do goberno, non xustifica a alarma social, e auncia un novo protocolo de actuación para axilixar a resposta policial. 28/09/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano