Cortan os accesos á factoría de San Cibrao. É o arranque dunha nova fase de mobilizacións dos traballadores de Alcoa, nas que buscan a complicidade dos gobernos central e autonómico. A Empresa insiste na sua negativa total a salvar a planta de Aluminio //O Presidente da Xunta admitíu hoxe a posibilidade de que as administracións teñan que recurrir á intervención da factoría pra seguir garantindo o seu funcionamento. //Folga de fame dun empresario de lecer nocturno da Coruña, para chamar a atención da sua situación, logo de dous meses co negocio pechado e sen axudas. Recolle máis de 5.000 sinaturas en apoio de que lle deixen abrir en igualdade de condicións que o resto da hostalaría. //Os peregrinos poderán selar dixitalmente os xustificantes de ter feito o camiño para obter a Compostela. O arzobispado deseña a aplicación para móbiles que entrará en funcionamento a partir de xaneiro do ano que ven. 29/09/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano