A proliferación de máscaras de tea, no punto de mira da polémica. O SERGAS opta por cambiarllas aos usuarios polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.// A Universidade de Santiago pon en marcha unha campaña para fomentar o lecer responsable entre os estudantes. Dende que empezou o curso, a policia local leva desaloxadas máis de oitenta festas nocturnas en pisos da cidade.// A economía galega sairá algo menos danada que a de outras comunidades da crise provocada pola pandemia. Así o cren os expertos do Foro Económico de Galicia. //Veciños de Rande denuncian como contaminante a actividade da empresa AUCOSA, adicada a transformación de resíduos da industria conserveira. 30/09/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano