Unha Bomba vírica con centro en Ourense e en Barbadás. É o que viron os responsables sanitarios nos datos epidemiolóxicos e que levaron a aprobar as novas restriccións. Dende esta noite non se poderá entrar ou sair sen xustificante na Capital e en varios concellos da provincia. //os casos activos rexistrados no último balance da consellería de Sanidade baixan en 58, e son un total de 4.068. Tamén baixan en 14 os hospitalizados, que son 185, e hai 34 pacientes con COVID na UCI, un menos. O número total de vítimas mortais elévase a 769, logo do falecemento de catro persoas nas últimas horas. //Empatía e capacidade para escoitar. É, din, o segredo do traballo dos rastrexadores militares da Brilat, que colaboran co Sergas, a un ritmo dunhas 3.000 chamadas diarias. // A raíña Letizia acude a Santiago a inaugurar o curso escolar dos estudos de Formación Profesional. Destaca o crecente interés por parte dos alumnos nos útimos anos por cursar esta modalidade educativa. 07/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano