Establecementos de hostalería de Verín prepáranse para pechar a partir das oito desta tarde, de xeito voluntario. Atenden a petición do Concello, ante os datos de aumento de incidencia que sitúan esa comarca entre as máis afectadas.//Galicia, que rexistra outros 238 contaxios de Covid-19 confirmados nas últimas horas. Os casos activos ascenden en total a 4.510. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima. //PSOE, PP e BNG pactan no Congreso unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao e salvar a actividade industrial e o emprego. //Axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas. Son os exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 13/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano