As xuntanzas de amigos e familiares quedarán limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas en TODA Galicia. Unha medida para frear o aumento de contaxios decidida polo comité clínico da Xunta, que tamén amplía as restriccións na provincia de Ourense co confinamento perimetral do Carballiño, O Irixo e Boborás. //Falecidas 11 persoas nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.600, despois de rexistrarse 254 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados son 259 dos que 41 están nas UCI. //Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. //A entrada e saida do autobús son os momentos máis perigosos, nos que se produce o 90 por cento dos accidentes no transporte escolar. A asociación stop accidentes presenta un manual de boas prácticas para mellorar a seguridade. 14/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano