Están xa en vigor as novas restriccións que limitan as xuntanzas a un máximo de 10 persoas, e empezan a actuar os controis de acceso á área formada polo Carballiño, O Irixo e Boborás. Sanidade fai un cribado a tódolos usuarios de residencias de estudantes universitarios de Santiago. //As vítimas da Covid-19 en Galicia superan xa a barreira das 800. Ca morte de seis persoas nas últimas horas a cifra elévase a 803. Hai 265 persoas hospitalizadas, 42 delas nas UCI. //O Deportivo suspende a venda de entradas para o encontro do domingo en Riazor a espera de que a Xunta confirme se autoriza aumentar a un 30 por cento da cabida total o número de espectadores. //As cabanas de árbores de Serra de Outes, o deseño textil Artesán e Trasdeza Natur. Tres iniciativas empresariais encabezadas por galegas, que foron recoñecidas polo MInisterio de Agricultura cos premios á innovación, no día internacional das mulleres rurais. 15/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano